mércores, 10 de maio de 2017

O Bardo Abelardo - Animación Lectora Consorcio Editorial - Letras Galegas ´17 Carlos Casares


Este curso, dentro das nosas propostas de animación á lectura, temos a sorte de contar con Servando Barreiro que nos vai a amosar a súa proposta didáctica a través de O Bardo Abelardo. 


Trátase dun músico e contador de historias ao estilo dos antigos bardos con unha ampla traxectoria dentro da animación infantil, da música tradicional e de autor. 


Os seus espectáculos combinan a nosa rica tradición cultural con historias máis actualizadas para sensibilizar aos máis novos coa música, a poesía e a defensa e coidado do medio a través dos contos e as cantigas. 

Este curso O Bardo Abelardo xunto ao seu repertorio de cantigas tradicionais tamén quere render homenaxe a Carlos Casares no ano no que se lle dedica o día das Letras Galegas 2017 con unha actividade que partindo dun percorrido audiovisual pola vida e obra do autor, segue con unha serie de contos con referencias expresas as obras infantiles mais coñecidas de Carlos Casares como “AS LARANXAS MAIS LARANXAS DE TÓDALAS LARANXAS” ou “A GALIÑA AZUL”. 



Así podremos escoitar por exemplo a historia de Leoncio , o inventor da bomba da Felicidade e outras historias mais, adaptadas para podelas contar e cantar acompañado da sua concertina.
































Ningún comentario:

Publicar un comentario