lunes, 24 de octubre de 2016

Curtas de medo

Un ollo de vidro 


Os difuntos falaban castelao


A bruxa regañadentes


A meiga chuchona



Silly Symphonies - The Skeleton Dance




viernes, 21 de octubre de 2016

A miña biblioteca, miña casa.

A miña biblioteca, miña casa.

Na casa de aldea onde nacemos meu irmao e mais eu non había libros. Moito menos biblioteca. Pero esa casa empezou a arder aos 19 días e, co apuro e para salvar o que importa, botáronnos por unha xanela, porque cos toxos secos que estraran meus tíos nas cortes xa se sabe, cando planta o lume neles non agarda a que saias pola porta.

A casa á que nos levaron, de quitado algún misal de atrasada realidade, tampouco tiña libros. Pero detrás do mesado de azulexo da cociña de labregos, alí, ao quente, meu irmao e mais eu escoitamos as primeiras historias que contaban vellos moi vellos que sabían o que sabe a idade das cousas que pasan. Mentres comían do que había e bebían viño novo, falaban de lobos e de aparecidos, de amores e de vinganzas, da vida e do que esta carreta. Non había libros, pero si a palabra.
Esa foi a segunda.

A terceira casa á que nos levaron, tan pouca cousa ela como a estreiteza dunha posguerra sen consolo, refuxiábase nun arrabaldo de vila que quería ser e non daba. Alí empezamos a correr polos carreiros e atallar polas carballeiras, a perdernos coas recuas de nenos e nenas enzoufados de lama que procuran sen desmaio o que ninguén perdeu. Pero a casa en si era un desastriño, non tiña de nada, así que tampouco ninguén agardaba que nela houbese libros.

Na cuarta casa á que nos levaron, feita de novo e coas maos da familia e o esforzo de moitos, miña nai quixo deixar, iso si, un estante baleiro, como para enchelo algún día de tarecos decorativos. Debo dicir que desde esa casa víanse, aínda se ven, as bretemosas terras de Lemos e a torre do seu castelo como aboiando no gris.

Pasou algún ano e, sendo eu rapazolo e no da Celia do Cubano, un ultramarinos vello que axiña deu en tenda e precedeu a un super que logo e se o deixasen seguramente acabaría de hiper ou centro comercial á americana, apareceu como por encanto un expositor deses de varillas metálicas que xiran desde un eixo vertical e que tiña algo que, como a chispa acende na palla seca, acendeu o meu maxín: libros. Novelas, mellor dito.

Así que alí, onde antes meu irmao e mais eu mercabamos os churruscos coas escasas pesetas que, sen saber como, lograba xuntar un cativo no peto, a vida deu un chouto e engaioloume.

Era eu rapaz inocente e indeciso e lembro que pasei moitas horas de varios días como pasmado diante dese expositor ao que lle daba voltas e máis voltas para escoller un único libro. O primeiro. E sería naquela desaparecida colección Reno de novelas baratas e autores tan descoñecidos que eu imaxinaba doutra galaxia onde descubrín o engado.

Nesa colección e nesa tenda que axiña pechou merquei eu o meu primeiro libro, certo. Pero logo de lelo, de devoralo, como o pirata que quere agochar o seu tesouro, coloqueino naquel estante da casa que miña nai deixara baleiro. Ese foi o primeiro. Logo virían máis, todos os que puidemos. E desde alí, vendo as terras de Lemos, meu irmao e mais eu lemos. Lemos mirando Lemos nesa nosa primeira biblioteca. E coa biblioteca que inciamos e que se iría enchendo aos poucos, a casa pareceu máis casa e o maxín puido voar sen remedio.

Logo virían viaxes cara a outros lugares, outras casas con outras xentes e outras bibliotecas con moitos libros, pero nese andel onde colocamos o primeiro libro, nesa casa onde lemos esa primeria novela e nesa cativa biblioteca que fomos completando como se completa un álbun de cromos na infancia, temos claro que aniña parte de nós.

Por iso agora, moitos anos despois, e aínda sabendo como sei que non é o lugar senón a persoa o que verdadeiramente importa, cando entro nunha biblioteca e me perdo co maxín nas páxinas de calquera libro, sei que estou na miña casa.


Xabier Quiroga   outono 2015


Agradecemos a Xabier Quiroga este texto
agasallo para o Colectivo Lemos Le no Día da Biblioteca - 2015

viernes, 7 de octubre de 2016

Actividades de outubro


Guía de usuarios





24 de Outubro: Día da Biblioteca



Dende 1997, cada 24 de outubro conmemórase o Día da Biblioteca, unha iniciativa da Asociación Española de Amigos do Libro Infantil e Xuvenil, co apoio do Ministerio de Cultura, en lembranza da destrución da Biblioteca de Sarajevo incendiada en 1992 durante a Guerra dos Balcáns. 

Esta conmemoración naceu para trasladar á opinión pública a importancia da biblioteca como lugar de encontro de todos os lectores de todas as idades coa cultura, e como un instrumento de mellora da formación e a convivencia humana.

Cada ano se encarga a un escritor e a un ilustrador, ambos de recoñecido prestixio, a redación do pregón e o deseño do cartel que se difunde entre todas as bibliotecas de España, asociados e interesados. 

Este ano as elexidas foron dúas mulleres: Ledicia Costas, última gañadora do Premio Nacional (Escarlatina, a cociñeira defunta) e do Premio Lazarillo (Jules Verne e a vida secreta das mulleres planta), e a ilustradora Elena Odriozola, tamén galardonada co Premio Nacional de Ilustración en 2015. 

Este e o texto do pregón:
Una luciérnaga es una isla perdida en la noche más densa. Cien luciérnagas, una constelación misteriosa que marca el rumbo hacia otros universos. Así, con esa estrategia de luz, se organizan los libros que moran en las bibliotecas. Son caricias fosforescentes que incendian los sueños y recomponen los corazones grises hasta hacerlos recobrar su color rojo brillante. Cualquier individuo que padezca el síndrome del corazón gris, debería ponerse en manos de un experto y visitar una biblioteca.
Para escribir un libro, además de hacer malabarismos con las palabras hay que ser una desvergonzada o un loco. Un atrevido, una excéntrica descontrolada. Llevar un calcetín de lunares, otro de rayas y los pelos de punta. Una cresta como las que lucen las cacatúas sería un peinado muy interesante para un escritor. Solo las mentes más disparatadas son aptas para escribir libros. Pero para custodiarlas no es suficiente con tener un desajuste en los cables cerebrales. Es indispensable ser de fuera. Un extraterrestre. Las bibliotecas albergan seres con antenas giratorias, cerebros millométricos que memorizan títulos rebuscados, rimbombantes, campanudos. Las personas que custodian libros siempre me han parecido criaturas singulares. Están dotadas de extremidades retráctiles que estiran y estiran hasta alcanzar aquel volumen al que parecía imposible acceder. A continuación, como si nada, se recomponen y todo vuelve a su posición natural. Parecen seres humanos, pero a poco que les observes percibirás que no son de aquí. Una de las cosas que más me fascina de los bibliotecarios es su cerebro. ¡Me parecen tan listos! Los libros fabrican pensamientos. Pasar tantas horas dentro de una factoría de ideas es bueno para tener un corazón rojo y brillante y una cabeza repleta de planes fantásticos.
Alguien me han contado que el 24 de octubre es el Día de la Biblioteca. Sería genial organizar una fiesta con confeti y pompas de jabón. Celebrarla por todo lo alto. Me encantaría vestirme para tal ocasión como el personaje de algún libro, sentarme en la mesa de una biblioteca de la ciudad donde vivo y esperar a que fueran a visitarme. En las bibliotecas puedes ser quien tú quieras. Desde Mary Poppins hasta Matilda, Atreyu, Drácula o incluso Pippilotta Viktualia Rullgardina Krusmynta Efraimsdotter Långstrump. Puedes ponerte botas de pelo, plumas, zancos y sombreros. ¡Sombreros! ¡Eso es! Imagino a una pequeña lectora acercándose a mí discretamente, atraída por los colores y formas de mi sombrero:
—Sombrerera loca, ¡qué fiesta más maravillosa! ¿Sería tan amable de servirme una taza de té?
Yo se la serviría con mucho gusto, poniendo cara de mujer refinada, y luego ambas haríamos ruido al tragar. Sonaría algo parecido a glup glup glup. Y antes de que nos diese tiempo de romper a reír de forma desenfrenada, aparecería el bibliotecario, como surgido de la nada, que para eso poseen la facultad de materializarse delante de ti en el momento más inoportuno, y nos advertiría de que las bibliotecas no son merenderos. Hay que reconocer que son únicos custodiando tesoros. Extraterrestres con el corazón rojo y brillante. Qué cosa tan extraordinaria. ¡Feliz Día de la Biblioteca!
Texto: Ledicia Costas / Ilustración: Elena Odriozola

Reunión de biblioaxudantes






martes, 4 de octubre de 2016





"Biblioteca escolar - Territorio das Artes" é o lema escollido para os materiais que a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria edita a comezo do curso 2016/2017  con destino ás bibliotecas escolares dos centros educativos galegos. Nesta ocasión foi MINIA REGOS a creadora convidada a interpretar o lema anual.


A imaxe creada por Minia Regos garda moitas sorpresas para as lectoras e os lectores; propón un xogo de exploración e aventura por este "territorio" complexo e engaiolante que é toda biblioteca escolar.  
Nos últimos anos, as bibliotecas escolares demostraron que é posible integrar as ciencias e as humanidades nas actividades de lectura e de acceso e construción do coñecemento. Os materiais de divulgación científica, os xogos matemáticos, a xeografía ou as aventuras da exploración física ou simbólica foron temática de traballo e son xa parte esencial das programacións e dos proxectos coordinados desde as bibliotecas. Cómpre agora facer visible esa parte do coñecemento humano que conecta directamente coa creatividade: as Artes todas teñen cabida na biblioteca escolar e así o demostran as múltiples actividades programadas anualmente con está temática. 



Biblioteca escolar, territorio das Artes convida a explorar fórmulas para espertar nos lectores e nas lectoras o interese por achegarse e apreciar os produtos artísticos, pero sobre todo  a experimentar o pracer de expresarse a través da música, a pintura, a arquitectura, a danza, o teatro, a literatura, a escultura, as artes visuais (cine, cómic, fotografía, videocreacións, videoxogos).

Benvida ao novo curso. Documentos

 Saúdos a todos e todas.

Comezamos este novo curso 2016-2017 con novos proxectos e algún pequeno cambio na organización e funcionamento da nosa biblioteca que xa iredes descubrindo.

Para comezar deixamos colgado algún documento que nos pode resultar de utilidade. 






lunes, 3 de octubre de 2016

Horario Semanal de Préstamo na Biblioteca

Xa están organizados os grupos de biblioaxudantes e xa dispoñemos de horario de préstamo.
Este curso un grupo de alumnos/as de 6ºA e 6ºB serán os encargados de axudar as mestras e ao resto do alumnado no préstamo semanal.