viernes, 13 de mayo de 2016

BIOGRAFÍA EN PICTOGRAMAS DE MANUEL MARÍA. LETRAS GALEGAS 2016

 O autor homenaxeado é Manuel María é un escritor moi importante na nosa zona.

Aquí podedes ver a súa biografía con pictogramas, así tódolos nenos/as poderán coñecer os aspectos máis importantes de súa vida.






lunes, 9 de mayo de 2016

CANTAMOS A MANUEL MARÍA


OUTRA MUSICAL LIGAZÓN CON POEMAS DE MANUEL MARÍA.http://msolbarreira.wix.com/cantamosamanuelmaria

Fixádevos no rap de Manuel María, Seguro que vos gustará!!  A curtametraxe que tedes abaixo explica esta "aventura educativa" levada a cabo na aula de 4º do CEIP  Antonio Fernández López de Oural, Sarria.


ACTIVIDADES SEMINARIO GALÁN PARA O ANO DE MANUEL MARÍA.



 Para achegarnos á figura do autor homenaxeado o Día das Letras que, como sabedes, este ano é Manuel María, o  profesorado do Seminario Galán elaborou  unha chea de actividades orientadas ao alumnado de Educación Infantil e Primaria para realizar sobre papel impreso ou en liña.  Premendo sobre a imaxe pódese acceder ás diferentes propostas con indicación do nivel para o que están adaptadas.
Ánimo... son moi interesantes!

domingo, 8 de mayo de 2016

TELEXORNAL MANUEL MARÍA


Un fantástico Informativo monográfico sobre Manuel María realizado no CPI dos 

Dices-Rois. Moitos parabéns para este traballo tan ben realizado!!... un 

complemento imprescindible para axudar a entender a súa vida e obra ao 

alumnado e profesorado.

viernes, 6 de mayo de 2016



CANTAPANDAS. XOGAMOS EN GALEGO


QUEN PANDA?  
Aquí presentamos  o vídeo cos resultados do “ Concurso Tradición Oral”que todos os anos facemos no outono. Este curso  chamámolo  CANTAPANDAS pois trátouse de recuperar as cancións ou ditos que se dicían e tradicionalmente e en galego para apandar. Distrutade e lembrade o divertido do xogo co vídeo onde aparecen os gañadores de cada aula cos seus compañeiros e compañeiras. 
E unha mensaxe neste mes das Letras Galegas: USEMOS O NOSO IDIOMA, TAMÉN PARA XOGAR.