jueves, 28 de enero de 2016

Compadres e comadres na praza de España: conseguimos dous primeiros premios na categoría de colexios.

O compadre co que participamos o xoves 27 de xaneiro e co que conseguimos o primeiro premio era o personaxe protagonista da serie de televisión animada francesa Il etait une fois ...l´Homme  creada por Albert Barillé e  difundida   a partir de 1978. A serie adquiriu gran popularidade en España nos anos  80. Máis información aquí.  E se queredes ver o primeiro capítulo, nesta mesma páxina abaixo.

 A comadre coa que participamos o xoves 4 de febreiro e co que voltamos conseguir  o primeiro premio era a nosa Gandariña , a imaxe que aparece no noso blog e que nos identifica. Neste caso era GANDARIÑA NO ENTROIDO.



 Foi escollido este personaxe xa que ten relación co proxecto deste curso no colexio.












Gañadores Certame de Poesía de Nadal da Biblioteca Municipal Lois Pereiro

Diego, Abel, e Luzía recibiron diploma e libros de agasallo no acto que tivo lugar na Biblioteca  Lois Pereiro e  na que estiveron presentes o alcalde, concelleira de Cultura e bibliotecaria. Máis información AQUÍ.








miércoles, 13 de enero de 2016

ENTREGA DE PREMIOS DOS CERTAMES DE POESÍA E TARXETA DE NADAL.

 Papá Noel quedou moi gratamente sorprendido da calidade e beleza dos traballos deste ano. El foi o invitado ao acto de entrega.
Os premiados de Infantil ,1º e 2º


Gañadoras e gañadores de 3º, 4º, 5º e 6º


Nenas e nenos de Infantil  entregaron as súas cartas a Papá Noel. El ,que ese día levaba gafas de sol, repartiu doces a todos os presentes.