viernes, 9 de diciembre de 2016

10 de Decembro - Día dos dereitos humanos

A Declaración Universal dos Dereitos Humanos (DUDH) é un documento adoptado pola Asemblea Xeral das Nacións Unidas o 10 de decembro de 1948 en París. Nela recóllense, nos seus 30 artigos, os dereitos humanos considerados básicos.
Recomendamos ver e ler este vídeo.Veredes que interesante é tanto polo que di como pola forma de dicilo.

Deixamos outros vídeos interesantes






lunes, 21 de noviembre de 2016

Actividades para conmemorar o día contra a Violencia de Xénero

¿Hay algo más aburrido que ser una princesa rosa?


¿Hay algo más aburrido que ser una princesa rosa? 
En lengua de signos


Aquí temos unha ilustración da Princesa Carlota en branco e negro para que o noso alumnado poida vestila como desexe, deixando voar a imaxinación e a creatividade pensando nos novos soños e aspiracións da princesa. 

Podemos elaborar un mural con todos os vestidos da princesa Carlota



SUPERLOLA


ARTURO Y CLEMENTINA


LA PELUCA DE LUCA

http://lapelucadeluca.com/


viernes, 18 de noviembre de 2016

Magosto 2016

O pasado martes 15 de novembro celebramos o tradicional magosto no noso centro.
Pola mañá realizamos unha xornada de xogos populares e tradicionais, e pola tarde degustamos riquísimas castañas acompañadas de chocolate quente e biscoito.


viernes, 11 de noviembre de 2016

Concurso de Debuxo Infantil de Manuel María

A nosa alumna de 5º B Salma resultou gañadora no concurso de debuxo infantil adicado a Manuel María organizado polo Concello de Monforte.

Neste concurso participaron nenos e nenas de 4º e 5º de Primaria de todos os centros de Monforte. No seguinte vídeo podedes ver os traballos presentados ao concurso e a continuación algunha foto da entrega de premios na biblioteca do centro.








lunes, 7 de noviembre de 2016

Novembro: Mes da Ciencia en Galego




A Arquitecta Isabel Aguirre de Urcola, Premio de Ciencia "María Josefa Wonenburger"- 2015, foi a científica convidada este ano para a elaboración do "Manifesto" a favor da ciencia en galego nas bibliotecas, que se edita e se distribúe polas bibliotecas de Galicia. Na presentación, Isabel Aguirre insistíu na importancia das bibliotecas como espazos de depósito do coñecemento, na diferencia entre información e coñecemento e na importancia de aprender a ciencia en galego nas escolas. Incidíu na sorte que temos os galegos de podermos contactar na nosa lingua con millóns de persoas por todo o mundo "algo que deberíamos darlle máis valor". 

“Solo el que sabe es libre, y el que más sabe es más libre”. 
Miguel de Unamuno 


Encántame a definición da ciencia como un sistema de coñecementos ordenados. Cando os nenos preguntan insistentemente, e ás veces fastidiosamente, “por que?”, están establecendo as bases dos seus coñecementos. Amplialos e ordenalos será unha tarefa que poderá enriquecelos ao longo da súa vida. Porque unha das marabillas do pracer de aprender é que nunca se termina de aprender. 

Penso que todos nós deberiamos de ser conscientes de que construír un futuro para o noso país é construír un futuro para o mundo, e esa construción haberá de basearse na sabedoría daqueles que nos precederon, pero tamén na daqueles que están a traballar, a investigar e a descubrir todos os días. 

Os coñecementos científicos marcan a historia da humanidade no seu sentido máis amplo, xa que esta non podería entenderse se non o fose dende o desenvolvemento da tecnoloxía baseada sempre na ciencia: dende a agricultura á máquina de vapor e aos voos espaciais. 

Ao tempo, os humanos temos un instrumento único para á transmisión do coñecemento: a linguaxe. Unha linguaxe diversa e rica ao longo do mundo e que para os galegos é especialmente vantaxosa, xa que, unida ao noso irmán o portugués, podémonos entender con 280 millóns de habitantes, e aínda máis, cos 400 millóns que falan español. Somos ricos en número, está claro, pero ademais somos ricos en matices, en xiros, en sutilezas. Esta riqueza da nosa lingua estou certa de que nos axuda a ver o mundo dende a reflexión e a dúbida. Non é acaso esta actitude a clave para nos aproximar ao coñecemento? 

A globalización na que vivimos é tamén outra enorme vantaxe para achegarnos ao coñecemento. Un coñecemento que está recollido basicamente na inxente bagaxe das nosas bibliotecas, a día de hoxe moitas delas públicas, e tamén, e cada vez máis, dende a facilidade das comunicacións informáticas. Hoxe vivimos en Galicia, e dende Galicia vivimos no mundo.

Isabel Aguirre de Urcola
Arquitecta
Novembro 2016

DÍPTICO


sábado, 5 de noviembre de 2016

SAMAÍN 2016

Neste vídeo podemos ver un resumo das actividades realizadas na nosa biblioteca para conmemorar o Samaín.

A nosa auxiliar de conversa Kyra explicounos como se celebra o Halloween nos EEUU. 

A mestra Gloria e o alumnado de 6º contaron contos ás escuras, o alumnado de 1º e 2º de Primaria representaron dúas obras de teatro, e a mestra MºJosé contounos como perderlle o medo aos monstros. 

Tamén os alumnos de 6º nos agasallaron cunha versión da melodía da Familia Addams coa letra adaptada pola profe de música Vanesa. 

Ademáis, e como todos os anos, tivemos a tradicional exposición de cabazas. 


lunes, 24 de octubre de 2016

Curtas de medo

Un ollo de vidro 


Os difuntos falaban castelao


A bruxa regañadentes


A meiga chuchona



Silly Symphonies - The Skeleton Dance




viernes, 21 de octubre de 2016

A miña biblioteca, miña casa.

A miña biblioteca, miña casa.

Na casa de aldea onde nacemos meu irmao e mais eu non había libros. Moito menos biblioteca. Pero esa casa empezou a arder aos 19 días e, co apuro e para salvar o que importa, botáronnos por unha xanela, porque cos toxos secos que estraran meus tíos nas cortes xa se sabe, cando planta o lume neles non agarda a que saias pola porta.

A casa á que nos levaron, de quitado algún misal de atrasada realidade, tampouco tiña libros. Pero detrás do mesado de azulexo da cociña de labregos, alí, ao quente, meu irmao e mais eu escoitamos as primeiras historias que contaban vellos moi vellos que sabían o que sabe a idade das cousas que pasan. Mentres comían do que había e bebían viño novo, falaban de lobos e de aparecidos, de amores e de vinganzas, da vida e do que esta carreta. Non había libros, pero si a palabra.
Esa foi a segunda.

A terceira casa á que nos levaron, tan pouca cousa ela como a estreiteza dunha posguerra sen consolo, refuxiábase nun arrabaldo de vila que quería ser e non daba. Alí empezamos a correr polos carreiros e atallar polas carballeiras, a perdernos coas recuas de nenos e nenas enzoufados de lama que procuran sen desmaio o que ninguén perdeu. Pero a casa en si era un desastriño, non tiña de nada, así que tampouco ninguén agardaba que nela houbese libros.

Na cuarta casa á que nos levaron, feita de novo e coas maos da familia e o esforzo de moitos, miña nai quixo deixar, iso si, un estante baleiro, como para enchelo algún día de tarecos decorativos. Debo dicir que desde esa casa víanse, aínda se ven, as bretemosas terras de Lemos e a torre do seu castelo como aboiando no gris.

Pasou algún ano e, sendo eu rapazolo e no da Celia do Cubano, un ultramarinos vello que axiña deu en tenda e precedeu a un super que logo e se o deixasen seguramente acabaría de hiper ou centro comercial á americana, apareceu como por encanto un expositor deses de varillas metálicas que xiran desde un eixo vertical e que tiña algo que, como a chispa acende na palla seca, acendeu o meu maxín: libros. Novelas, mellor dito.

Así que alí, onde antes meu irmao e mais eu mercabamos os churruscos coas escasas pesetas que, sen saber como, lograba xuntar un cativo no peto, a vida deu un chouto e engaioloume.

Era eu rapaz inocente e indeciso e lembro que pasei moitas horas de varios días como pasmado diante dese expositor ao que lle daba voltas e máis voltas para escoller un único libro. O primeiro. E sería naquela desaparecida colección Reno de novelas baratas e autores tan descoñecidos que eu imaxinaba doutra galaxia onde descubrín o engado.

Nesa colección e nesa tenda que axiña pechou merquei eu o meu primeiro libro, certo. Pero logo de lelo, de devoralo, como o pirata que quere agochar o seu tesouro, coloqueino naquel estante da casa que miña nai deixara baleiro. Ese foi o primeiro. Logo virían máis, todos os que puidemos. E desde alí, vendo as terras de Lemos, meu irmao e mais eu lemos. Lemos mirando Lemos nesa nosa primeira biblioteca. E coa biblioteca que inciamos e que se iría enchendo aos poucos, a casa pareceu máis casa e o maxín puido voar sen remedio.

Logo virían viaxes cara a outros lugares, outras casas con outras xentes e outras bibliotecas con moitos libros, pero nese andel onde colocamos o primeiro libro, nesa casa onde lemos esa primeria novela e nesa cativa biblioteca que fomos completando como se completa un álbun de cromos na infancia, temos claro que aniña parte de nós.

Por iso agora, moitos anos despois, e aínda sabendo como sei que non é o lugar senón a persoa o que verdadeiramente importa, cando entro nunha biblioteca e me perdo co maxín nas páxinas de calquera libro, sei que estou na miña casa.


Xabier Quiroga   outono 2015


Agradecemos a Xabier Quiroga este texto
agasallo para o Colectivo Lemos Le no Día da Biblioteca - 2015

viernes, 7 de octubre de 2016

Actividades de outubro


Guía de usuarios





24 de Outubro: Día da Biblioteca



Dende 1997, cada 24 de outubro conmemórase o Día da Biblioteca, unha iniciativa da Asociación Española de Amigos do Libro Infantil e Xuvenil, co apoio do Ministerio de Cultura, en lembranza da destrución da Biblioteca de Sarajevo incendiada en 1992 durante a Guerra dos Balcáns. 

Esta conmemoración naceu para trasladar á opinión pública a importancia da biblioteca como lugar de encontro de todos os lectores de todas as idades coa cultura, e como un instrumento de mellora da formación e a convivencia humana.

Cada ano se encarga a un escritor e a un ilustrador, ambos de recoñecido prestixio, a redación do pregón e o deseño do cartel que se difunde entre todas as bibliotecas de España, asociados e interesados. 

Este ano as elexidas foron dúas mulleres: Ledicia Costas, última gañadora do Premio Nacional (Escarlatina, a cociñeira defunta) e do Premio Lazarillo (Jules Verne e a vida secreta das mulleres planta), e a ilustradora Elena Odriozola, tamén galardonada co Premio Nacional de Ilustración en 2015. 

Este e o texto do pregón:
Una luciérnaga es una isla perdida en la noche más densa. Cien luciérnagas, una constelación misteriosa que marca el rumbo hacia otros universos. Así, con esa estrategia de luz, se organizan los libros que moran en las bibliotecas. Son caricias fosforescentes que incendian los sueños y recomponen los corazones grises hasta hacerlos recobrar su color rojo brillante. Cualquier individuo que padezca el síndrome del corazón gris, debería ponerse en manos de un experto y visitar una biblioteca.
Para escribir un libro, además de hacer malabarismos con las palabras hay que ser una desvergonzada o un loco. Un atrevido, una excéntrica descontrolada. Llevar un calcetín de lunares, otro de rayas y los pelos de punta. Una cresta como las que lucen las cacatúas sería un peinado muy interesante para un escritor. Solo las mentes más disparatadas son aptas para escribir libros. Pero para custodiarlas no es suficiente con tener un desajuste en los cables cerebrales. Es indispensable ser de fuera. Un extraterrestre. Las bibliotecas albergan seres con antenas giratorias, cerebros millométricos que memorizan títulos rebuscados, rimbombantes, campanudos. Las personas que custodian libros siempre me han parecido criaturas singulares. Están dotadas de extremidades retráctiles que estiran y estiran hasta alcanzar aquel volumen al que parecía imposible acceder. A continuación, como si nada, se recomponen y todo vuelve a su posición natural. Parecen seres humanos, pero a poco que les observes percibirás que no son de aquí. Una de las cosas que más me fascina de los bibliotecarios es su cerebro. ¡Me parecen tan listos! Los libros fabrican pensamientos. Pasar tantas horas dentro de una factoría de ideas es bueno para tener un corazón rojo y brillante y una cabeza repleta de planes fantásticos.
Alguien me han contado que el 24 de octubre es el Día de la Biblioteca. Sería genial organizar una fiesta con confeti y pompas de jabón. Celebrarla por todo lo alto. Me encantaría vestirme para tal ocasión como el personaje de algún libro, sentarme en la mesa de una biblioteca de la ciudad donde vivo y esperar a que fueran a visitarme. En las bibliotecas puedes ser quien tú quieras. Desde Mary Poppins hasta Matilda, Atreyu, Drácula o incluso Pippilotta Viktualia Rullgardina Krusmynta Efraimsdotter Långstrump. Puedes ponerte botas de pelo, plumas, zancos y sombreros. ¡Sombreros! ¡Eso es! Imagino a una pequeña lectora acercándose a mí discretamente, atraída por los colores y formas de mi sombrero:
—Sombrerera loca, ¡qué fiesta más maravillosa! ¿Sería tan amable de servirme una taza de té?
Yo se la serviría con mucho gusto, poniendo cara de mujer refinada, y luego ambas haríamos ruido al tragar. Sonaría algo parecido a glup glup glup. Y antes de que nos diese tiempo de romper a reír de forma desenfrenada, aparecería el bibliotecario, como surgido de la nada, que para eso poseen la facultad de materializarse delante de ti en el momento más inoportuno, y nos advertiría de que las bibliotecas no son merenderos. Hay que reconocer que son únicos custodiando tesoros. Extraterrestres con el corazón rojo y brillante. Qué cosa tan extraordinaria. ¡Feliz Día de la Biblioteca!
Texto: Ledicia Costas / Ilustración: Elena Odriozola

Reunión de biblioaxudantes






martes, 4 de octubre de 2016





"Biblioteca escolar - Territorio das Artes" é o lema escollido para os materiais que a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria edita a comezo do curso 2016/2017  con destino ás bibliotecas escolares dos centros educativos galegos. Nesta ocasión foi MINIA REGOS a creadora convidada a interpretar o lema anual.


A imaxe creada por Minia Regos garda moitas sorpresas para as lectoras e os lectores; propón un xogo de exploración e aventura por este "territorio" complexo e engaiolante que é toda biblioteca escolar.  
Nos últimos anos, as bibliotecas escolares demostraron que é posible integrar as ciencias e as humanidades nas actividades de lectura e de acceso e construción do coñecemento. Os materiais de divulgación científica, os xogos matemáticos, a xeografía ou as aventuras da exploración física ou simbólica foron temática de traballo e son xa parte esencial das programacións e dos proxectos coordinados desde as bibliotecas. Cómpre agora facer visible esa parte do coñecemento humano que conecta directamente coa creatividade: as Artes todas teñen cabida na biblioteca escolar e así o demostran as múltiples actividades programadas anualmente con está temática. 



Biblioteca escolar, territorio das Artes convida a explorar fórmulas para espertar nos lectores e nas lectoras o interese por achegarse e apreciar os produtos artísticos, pero sobre todo  a experimentar o pracer de expresarse a través da música, a pintura, a arquitectura, a danza, o teatro, a literatura, a escultura, as artes visuais (cine, cómic, fotografía, videocreacións, videoxogos).

Benvida ao novo curso. Documentos

 Saúdos a todos e todas.

Comezamos este novo curso 2016-2017 con novos proxectos e algún pequeno cambio na organización e funcionamento da nosa biblioteca que xa iredes descubrindo.

Para comezar deixamos colgado algún documento que nos pode resultar de utilidade. 






lunes, 3 de octubre de 2016

Horario Semanal de Préstamo na Biblioteca

Xa están organizados os grupos de biblioaxudantes e xa dispoñemos de horario de préstamo.
Este curso un grupo de alumnos/as de 6ºA e 6ºB serán os encargados de axudar as mestras e ao resto do alumnado no préstamo semanal.


miércoles, 8 de junio de 2016

FESTA DE BIBLIOAXUDANTES

Coa chegada do fin de curso, queremos agradecer a tódolos nenos e nenas que colaboraron na biblioteca como biblioaxudantes. Ao alumnado de 6º animalos a colaborar coas bibliotecas dos centros de secundaria e ao resto de biblioaxudantes esperámolos aquí o vindeiro curso.









Gañador do certame de fotografía


viernes, 13 de mayo de 2016

BIOGRAFÍA EN PICTOGRAMAS DE MANUEL MARÍA. LETRAS GALEGAS 2016

 O autor homenaxeado é Manuel María é un escritor moi importante na nosa zona.

Aquí podedes ver a súa biografía con pictogramas, así tódolos nenos/as poderán coñecer os aspectos máis importantes de súa vida.