martes, 29 de septiembre de 2015

BIBLIOTECA ESCOLAR , BASE DE EXPLORACIÓNS

"Biblioteca escolar, base de exploracións" é o lema elixido este curso 2015/2016 para o cartel da campaña anual de bibliotecas escolares da  Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria. O autor  é o  ilustrador e autor de banda deseñada FRAN BUENO.  Pronto poderemos ver este cartel nos taboleiros do noso colexio.


O lema "Biblioteca escolar, base de exploracións" chama a traballar coa información, a mirar fóra, a facerse preguntas e pescudar posibles respostas, a interesarse polo outro, polo diferente, polo alleo; a estudar xeografías e inventar rutas para novas aventuras; a coñecer as viaxes que fixeron os grandes exploradores e aquelas outras que, cada día, bota ao camiño a milleiros de persoas na procura dun mundo máis xusto. Convida a explorar o mundo e a compartir o aprendido. 

+ INFORMACIÓN

BENVIDA AO NOVO CURSO. DOCUMENTOS


Saúdos a todas as persoas que forman parte da comunidade escolar. 
Comezamos este curso con novos proxectos e algúns pequenos cambios na organización e funcionamento. 
Xa vos iremos contando. 
Damos a coñecer os documentos que nos serven de guía .