lunes, 22 de diciembre de 2014

PREMIOS DO I CONCURSO POSTAL DO NADAL DIXITAL PARA MENCÍA, XURXO E OS SEUS COMPAÑEIROS DE 2º

Os premios foron entregados no Pazo de San Marcos da Deputación Provincial en Lugo.

O premio especial foi para Mencía Álvarez Díaz


Por esta distinción, Mencía Álvarez recibiu unha tablet de 

última xeración, un pendrive, un suadoiro e material 

divulgativo. Asemade, non foi ela a única premiada, xa que 

tamén gozaron dun premio todos os seus compañeiros de 2º 

de Primaria do noso cole. 

En total serán 35 os estudantes que participarán nunha 

viaxe cultural pola provincia de Lugo nos próximos meses 

con todos os gastos pagados: transporte, almorzo, 

actividades, etc.





MÁIS INFORMACIÓN  AQUÍ

Foron moitos e bos os traballos do noso cole presentados. Esperamos mostralos nestas páxinas en próximas datas.

RECOMENDACIÓNS LECTORAS PARA O INVERNO 2014


Coma sempre por estas datas as bibliotecas da comarca agrupadas no colectivo LEMOS LE sacamos as nosas suxestións de lecturas para todas as idades.












viernes, 5 de diciembre de 2014

A extraordinaria viaxe de LUCIUS DUMB Os dereitos humanos o mellor instrumento. LITERATURA, CINE, MÚSICA PARA O DÍA DOS DEREITOS HUMANOS

Un grupo de científicos moi intelixentes, moi tolos e moi sabios, buscan un instrumento que axude a convertir aTerra nun planeta pacífico, feliz e luminoso. Como teñen a seguridade de que tal instrumento existe nalgunha parte, deciden que un deles saia na súa busca.O elexido é Lucius Dumb, un científico noviño, tímido e bondadoso.


No seu  camiño Lucius coñece ao Profesor e ao Comandante, un par de simpáticos extraterrestres que acaban de ter unha avería na súa nave e que necesitan unha fonte de enerxía positiva moi potente para recargar as súas  baterías.
Lucius e os seus novos amigos inician unha viaxe extraordinaria que ademáiss de mostrarnos historias maravillosas,  descúbrenos as diversas facetas dun fabuloso instrumento fácil de tocar, que sona mellor canto maior é o número de persoas dispostas a tocalo, un instrumento que fai feliz a quen  o toca e a quen o escoita e que nunca necesita ser afinado porque siempre soa ben: son Os Dereitos Humanos, o Mellor dos Instrumentos.


O que vimos de ler é o argumento do libro que recomendamos coincidindo coa celebración do día 10 de decembro: DÍA DOS DEREITOS HUMANOS. Libro de VARIOS AUTORESEditorial Luis Vives (Edelvives)


TRAILER DA PELÍCULA

A película "El extraordinario viaje de Lucius Dumb". Los Derechos Humanos, tu mejor instrumento é unha película de animación sobre los Dereitos Humanos dos Nenos e Nenas . Dirixida por Maite Ruiz de Austri, producida por Iñigo Silva coa dirección artística de Carlos Varela, María Terrazas e Tote Azkona. Música composta por Pedro Calero.


A CANCIÓN






E esta é a páxina web oficial con diversas actividades 


jueves, 4 de diciembre de 2014

Imaxes dos actos do 25 de novembro na Praza de España.

Mostra de murais do alumnado de 5º dos colexios de Monforte

 Premede en ACTO CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO para ver máis información 


                  



lunes, 1 de diciembre de 2014

PREPARANDO O NADAL

A coordinadora galega dos equipos de normalización e dinamización linguística  pon unha vez máis á disposición dos centros de ensino  un monográfico dedicado á temática do Nadalhttp://coordinadoraendl.org/nadal/index.php.  Esta páxina especial contén unha escolma de recursos e materiais elaborados por docentes, equipos de normalización lingüística, centros escolares, institucións e asociacións, tales como unidades didácticas, actividades en liña, manualidades, vilancicos, contos, o refraneiro, propostas de agasallos en galego, etc.  Agardamos que este contedor de recursos vos sexa de proveito nas aulas.





MELLORES CONTADORES DA GÁNDARA