martes, 13 de maio de 2014

O neno e a estrela. Un libro ilustrado con Xosé María de protagonista.


O día que Díaz Castro atopou unha estrela nun caldeiro de auga

Da man do colectivo Fabaloba chéganos unha fermosa achega ilustrada ao poeta Xosé María Díaz Castro.
Unha nova proposta vén a enriquecer a vizosa colleita que neste ano Díaz Castro agroma ao fío da vida e obra do autor. O colectivo Fabalobavén de publicar o seu primeiro conto: O neno e a estrela, unha fermoso achegamento á figura do poeta Xosé María Díaz Castro dirixido aos lectores máis novos. O libro está editado por Fabaloba edicións, etiqueta que nace ao abeiro do proxecto cultural e educativo Fabaloba.
O propio protagonista desta historia é Díaz Castro cando neno. El é quen atopa unha estrela que caeu do ceo e foi dar a un pozo de auga da súa aldea de Guitiriz. O rapaz é o encargado de devolver a estrela ao seu lugar no universo. Nas poderosas ilustracións represéntase un mundo de lusco-fusco, anterior á existencia do sol. A obra xoga cos moitos dos eixos centrais do poemario Nimbos.
Texto de//botons.eu/
Podes ler premendo na imaxe







Ningún comentario:

Publicar un comentario