miércoles, 26 de febrero de 2014

DÍA DE ROSALÍA

Este cadro presidiu os actos do día de Rosalía. Todo o alumnado recibiu un marcapáxinas co poema "Rosalía pequeniña"  de Uxía. Nenas e nenos de todas as idades foron recitando e escoitando poesías de Rosalía de Castro . Podedes ver as imaxes máis abaixo e en entradas anteriores. 





domingo, 23 de febrero de 2014

24 de febreiro: Rosalía todo o día

Este ano o día de Rosalía de Castro ímolo adicar á divulgación do  libro-disco da cantante  Uxía Senlle "Rosalía pequeniña" da Editorial Galaxia (colección Son árbore,2013 ) Está ilustrado por  Marina Seoane.  
"Maio longo", "Como chove miudiño", "Has de cantar", "Paseniño", "Miña santiña, miña santasa" ou "Alborada" son algúns dos poemas rosalianos que se recollen neste libro.e que serán recitados e cantados ao longo de todo o día na Biblioteca.



Rosalía pequeniña, pirata, poeta, aventureria ou fada
Rosalía pequeniña para cantar, para rir, para gozar ou bailar 



Como pensas ti que sería Rosalía hoxe, como a imaxinas? 

Debuxa, le ,recita disfruta de Rosalía Pequeniña



ROSALÍA PEQUENIÑA


Rosalía pequeniña
soñaba con ser pirata
a pequena Rosalía
escribía na nosa fala.

A meniña silandeira
a da fala ben mainiña
pequeniña, pequeneira
unha meniña gaiteira.

Rosalía pequeniña
medio meiga, medio fada
ao pé da verde silveira
chamando pola alborada.

A rebelde e rebuldeira
non é musa nin postal
sube ás  ponlas das figueiras
e alí déitase a soñar.

Rosalía, Rosalía...

Rosalía pequeniña
vestida de moitas cores
que non canta nin ás pombas
nin ás delicadas flores.

Rosalía, nena india
poeta dos nosos días
que pos no sentir do pobo
badaladas de alegría.

Rosalía pequeniña
medio meiga, medio fada
ao pé da verde silveira
chamando pola alborada.

A rebelde e rebuldeira
non é musa nin postal
sube ás ponlas das figueiras
e alí déitase a soñar.

Rosalía, Rosalía...

Rosalía, rosa, Rosalía
Rosalía, nosa rosa. 
Ilustración de Marina Seoane
PARA INFORMARTE SOBRE ROSALÍA DE CASTRO AQUÍ 

viernes, 21 de febrero de 2014

RECURSOS ELECTRÓNICOS AO SERVIZO DA FORMACIÓN DE LECTORES COMPETENTES

No blog da biblioteca do CPI Luís Díaz Moreno (Barralla, Lugo) atopamos un moi interesante recurso na sección titulada Recursos CDu, na que aparecen recollidos unha importante cantidade de espazos web e materiais, seleccionados e clasificados segundo os distintos apartados da CDU .

Se picas na ligazón recursos electrónicos cdu entras directamente no arquivo. Unha vez na páxina, elixe a materia que che interese.  


EMPEZA O ENTROIDO EN MONFORTE CO XOVES DE COMPADRES

A participación do noso colexio no certame do concello tivo moito éxito xa que levamos un 1º premio con "Ratatouille"  e un accesit con "Reciclando e cociñando" competindo con barrios e colexios que tamén fixeron un gran traballo. Recomendamos visitar a páxina oficial do concello de Monforte para comprobalo. Os mestres Luis, Gonzalo e  Óscar tiveron eran uns simpáticos "Tres porquiños"

SUPERLEO ESTIVO REPRESENTADO  E MOSTRANDO UNHAS CANTAS "RECEITAS" SOBRE  ALIMENTACIÓN SAUDABLE.

Os compadres de 1º foron realizados nun obradoiro na biblioteca contando coa colaboración moi especial da nosa querida conserxe Celia e Loli a coidadora.



MOITA MÁIS INFORMACIÓN  NA PÁXINA WEB DO COLEXIO OU PREMENDO AQUÍ

miércoles, 19 de febrero de 2014

BICA DE AMOR, A RECEITA DE BERTA



As bicas decoradas nas distintas aulas foron expostas no recreo e Hora de Ler do venres 14 de Febreiro.

Todo o alumnado e profesorado participou.



                                   

As bicas estaban deliciosas,
Moitas grazas as cociñeiras.
Son xeniais!

martes, 18 de febrero de 2014

lunes, 17 de febrero de 2014

RECOMENDACIÓNS LECTORAS: libros de Carlos Frabetti


 

Se entras no enlace  http://redelectura.blogspot.com.es/2014/01/libros-de-carlo-frabetti-en-version.html poderás atopar  libros en formato dixital, interactivos e con audio para ler en pantalla con todas as posibilidades que esta ofrece. Pódense ler en castelán e en inglés.

viernes, 14 de febrero de 2014

Na radio

  Carmen, Candela. Jorge e Laura xunto con Mercedes  do noso cole estiveron na  radio. Foron invitadas por María de Radio Principal Cadena SER e estiveron durante case media hora dando conta das actividades  que  se realizan no noso colexio e na biblioteca, especialmente  o relacionado coa Historia de amor de Inés de Castro.




EN " La voz de Galicia" do 15 de febreiro.


martes, 11 de febrero de 2014

HISTORIA DE AMOR DE DONA INÉS


 Se hai unha historia de amor apaixoante é a da dama monfortina Inés de Castro e o seu  amado Pedro I de PortugaL, tamén coñecido como o Xusticieiro. É unha desas historias que ten todos os compoñentes 
das traxedias clásicas porque hai obstáculos insuperables, familias que se opoñen, guerras, 
mortes, enfermidades e vinganzas que impiden que os namorados poidan estar xuntos. 
Por todas estas causas son considerados o Romeo e Julieta de Portugal.

A nós interésanos porque foi  unha   muller da nosa comarca moi recoñecida e admirada da cal nos debemos sentir orgullosos .



   En Portugal Inés de Castro é unha heroína estudada nos colexios. Mostra delo é o blog que  foi criado con motivo do   Concurso Inês de Castro promovido polo Plan Nacional de Lectura Portugués e pola fundação Inês de Castro. http://dinesdecastro.blogs.sapo.pt/    que descubrimos buscando información sobre esta historia de amor. Alí tamén demos conta do libro de literatura infantil O amor de Pedro e Inés contado aos pequenotes que tentaremos mercalo para a biblioteca.
Seguiremos falando, lendo e investigando sobre Inés de Castro xa que  é a muller á que se lle vai adicar este ano o día da muller traballadora na comarca, segundo a iniciativa do colectivo LEMOS LE (bibliotecas e librerías) xunto co CIM(Centro de Información da Muller)


ACTIVIDADES PARA O MES DE FEBREIRO




domingo, 9 de febrero de 2014

Karina de 3º a máxima lectora da temporada.

Parabens para Karina por ser a primeira en rematar a ficha de préstamo. As biblioaxudantes e bibliotecaria do martes fixéronlle entrega do pase ao liberespazo  e dunha chapa. Agora terá que completar o pase se quere ser LIBERNAUTA.






Exposición de Star Wars. Unha iniciativa de Alejandro con moito éxito

O pasado venres 31 de Xaneiro o alumno de 2º de Primaria Alejandro Díaz, xunto cos membros do recentemente creado "Club de Star Wars" organizaron unha exposición de artículos de Star Wars na nosa biblioteca.

O Cartel deseñado por  Alejandro foi repartido por todas as clases. 
Os membros do club