viernes, 22 de marzo de 2013

KAMISHIBAI Contín Contón



KAMISHIBAI é unha palabra xaponesa que siñifica “Teatro de papel” e é unha forma moi  popular, dende hai varios séculos, de contar contos en Xapón.
O KAMISHIBAI exerce unha irresistible fascinación sobre a audiencia infantil. As súas características e a forma de presentalo, axudan a conseguir un efecto máxico e de concentración en torno ao conto moito máis fácilmente que con outras técnicas narrativas. 

http://www.sieteleguas.es/kamishibai

 Contín contón é un CONTO KAMISHIBAI feito a partires do libro do mesmo título de Edicións Embora, Colección “Fardel dos soños” Ferrol, 2009.O autor é Antón Cortizas e o ilustrador  Leandro Lamas.

Preparouse na aula de Atención Educativa de 2ºB sendo representado por primeira vez no mes marzo de 2013 dentro das actividades programadas para celebrar o día do teatro.   









 É un conto con debuxos de  moita cor e que trata de forma amable e xoguetona unha historia de animais.A idea deste conto partiu de Aroa e Xiana  que descubriron o conto na biblioteca e gustoulles moito. Despois decidimos adaptalo para facer un kamishibai entre todos.





O kamishibai representouse en varias ocasións e de distintas formas: Na biblioteca e cos protagonistas ocultos, nas aulas e cos actores sentados e á vista ou tamén de pé. Tanto diante dos maiores como dos pequenos a atención e os aplausos finais sempre se repetiron.

Para ver máis imaxes preme na palabra  fotos 

Ao final  da representación oculta xógase a adiviñar quen é quen. Preséntanse outros libros do autor, do ilustrador e título e compositor da música que acompaña.


CLUB DE LECTURA: Visita de Abraham Carreiro

O escritor e ilustrador Abraham Carreiro visitounos neste mes de Marzo, os nenos do club de lectura disfrutaron coa súa presencia e cos seus debuxos. Tamén poideron resolver tódalas dúbidas que tiñan respecto ao libro de Xoeliki, que leron para o club de lectura GANDULÉS.







Esta visita foi o 11 de Marzo, e a reunión do club de lectura celebrouse o 22 de Marzo. Aqui tedes unhas fotos de dita reunión. Os cativos quedaron encantados coa lectura deste libro, e de feito eleximos para o terceiro trimestre outro da mesma saga, "XOELIKI: As aventuras dun ciberpirata, O Grande Apagamento"





A ÁRBORE DAS PALABRAS CON MERCEDES DE CABO DE VILA

DESCUBRINDO UNHA NOVA CONTACONTOS E A MAXIA DAS PALABRAS E A POESÍA MERCEDES DE CABO DE VILA É O NOME ARTÍSTICO DE MERCE, A XEFA DE ESTUDOS E MEMBRO DA COMISIÓN DA BIBLIOTECA. ELA PRESENTOU O CONTO "A ÁRBORE DAS PALABRAS" ANTE O ALUMNADO DO COLEXIO
ELA VÉN DE REMATAR UN CURSO PARA MESTRES DE TÉCNICAS DE CONTACONTOS IMPARTIDO POR TERESA GRAU.

POESÍA E TEATRO EN EDUCACIÓN INFANTIL


EN MARZO POESÍA E TEATRO
















lunes, 11 de marzo de 2013

JULIO SOTO FÁLANOS DAS MINAS DE MAGNESITAS RUBIÁN

O pai de Uxía e Alicia veu ao noso colexio a explicarnos o traballo na mina de Magnesitas de Rubián. O mineral de magnesio que se extrae da mina é utilizado despois de triturado como fertilizante  e alimento de animais.









sábado, 9 de marzo de 2013

Muller e xornalismo con Manola Porto


O 7 de marzo tivemos a sorte de contar coa xornalista de Radio Principal Cadena SER en Monforte Manola Porto. Houbo tres sesións con cada un dos tres ciclos de Primaria. Previamente en cada clase preparáranse unha serie de preguntas para informarse  sobre a súa profesión e experiencia. A xornalista soubo responder con  claridade, paciencia, simpatía e comprensión. Foi unha tarde moi agradable onde todos aprendemos.  



Información no xornal El Progreso
Co alumnado de 3º ciclo


2º ciclo



1º ciclo

Houbo moita participación por parte do alumnado


A nosa pequena homenaxe 



martes, 5 de marzo de 2013

DÍA DA MULLER







PARA SABER QUE ACTIVIDADES SUXERIMOS DENDE A BIBLIOTECA PARA ESTE ANO PREMEDE SOBRE O CARTEL. ÁNIMO E A PARTICIPAR! HAI ACTIVIDADES DE DISTINTOS TIPOS E PARA TODAS AS IDADES.
Dia da muller libriño profes
PROPOSTA DE ACTIVIDADES

traballo creativo de Sara 2º

Exposición PINTORAS