martes, 29 de enero de 2013

viernes, 25 de enero de 2013

UNHA ESCRITORA DE LITERATURA INFANTIL E XUVENIL NA ACADEMIA



RAG (Real Academia Galega) acaba de elixir a Fina Casalderrey como académica numeraria
Con Fina entra na Academia unha muller (por méritos propios) pero tamén a literatura infantil e xuvenil. Diso vai tratar o seu discurso de entrada,  escoitaremos esas palabras que tratan desta literatura non sempre asumida como LITERATURA (con maiúsculas).
Realmente estamos de noraboa, pois sentímonos moi ben representadas por esta muller que entre outros conta con Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil. Unha muller que ademais é mestra (¿acaso se deixa de ser por non ir xa á escola?) e, polo tanto, mediadora do libro. Unha académica de luxo!

miércoles, 23 de enero de 2013

CADERNO DE INVESTIGACIÓN DÍA DA PAZ

Dentro das funcións da Biblioteca Escolar está o fomento da educación documental. Entregamos  a todos os cursos de primaria un caderniño para que a través de distintas fontes de información logremos saber máis  sobre catro temas relacionados coa paz. É tan importante o resultado como o proceso que te leva ata o final. 
Facilitanse unhas preguntas para orientarte no traballo, que pode realizarse ben de forma individual ou en grupo. Consulta coa túa titora ou bibliotecaria as dúbidas. Non esquenzas citar a bibliografía e as persoas que che axudaron. Por último esmerate na contraportada e na presentación. Os cadernos despois de expoñelos na clase  pasarán  á Biblioteca.



INDICE DE TEMAS

DÍA DA PAZ
NOBEL DA PAZ
A POMBA DA PAZ
O GUERNICA

FONTES INFORMATIVAS POSIBLES:



  • ·       ENCICLOPEDIAS  BIBLIOTECA,  AULA ou CASA
  • ·       BIOGRAFÍAS
  • ·       LIBROS DE TEXTO
  • ·       OUTROS LIBROS, REVISTAS OU DOCUMENTOS
As  fontes informativas podes  atopalas  na biblioteca, aula, casa e tamén na …

EXPOSICIÓN DE LECTURAS  PARA A PAZ NO PATIO INTERIOR DO COLEXIO.



DÍA DA PAZ
 Por que se celebra o 30 de xaneiro o Día da Paz?




Que símbolos da paz coñeces?  Pégaos ou debúxaos.






NOBEL DA PAZ
A quen se lle concedeu este ano o premio Nobel da Paz?



Di o nome de cinco premios nobel da paz e o ano en que se lle concedeu.
1. _______________________________________
2. _______________________________________
3. _______________________________________
4. _______________________________________
5. _______________________________________

        Pega ou debuxa algún  retrato.


A POMBA DA PAZ
Cal é a orixe deste símbolo da Paz?


Que xenial pintor realizou unha serie de grabados con este símbolo?





 O GUERNICA
Este cadro é un símbolo da ____________.
O cadro foi encargado polo goberno republicano de _______________ para a Exposición Universal que tiña lugar en  París no  ano 1937.
Poucos meses antes  producírase  o  bombardeo da cidade vasca de _______________________________ realizado por avións alemáns. Este ____________________  é  un dos primeiros que se realiza sobre población civil sen avisar antes, de maneira que a xente ao non estar preparada non ten onde esconderse e o número de persoas inocentes _______________   foi  moi grande. A destrucción da cidade foi prácticamente total.
Aparecen animais como o  ________________ ou o________________.  Todos os personaxes que aparecen gritan de dolor,  sufrimento porque en España hai unha _____________ civil e están morrendo moitas persoas.
O cadro   representa  a  dolor e a morte que causa calquera ______________.
o   Quen pintou este cadro?  __________________________
o   Cal é o seu estilo? ________________________________
o   Que color ten a obra? _____________________________
o   En que museo e en que cidade se encontra  este cadro?
______________________________________________



BIBLIOGRAFÍA
Cita ou suliña ( na páxina 2) as fontes informativas que utilizaches.


AUTORÍA
Este traballo de documentación foi feito por:

Axudoume:


E agora a contraportada é túa.
Fai un debuxo, pega fotos, textos ou escribe unha frase, un poema…  o que ti queiras.

ACTIVIDADES PREVIAS AO DÍA DA PAZ




Damos as grazas dende aquí  ao colexio ceip Praza de Barcelos polo bonito vídeo e música do poema de Neira Vilas que estes días escoitamos e aprendemos.












TARDE DE ARTE E MAXIA

O PAI DE CARLOS FIXO UN ESPECTÁCULO DE MAXIA
Había quen non podía crer que o pai de Carlos de 2º B era mago pero demostrounos que sí e moi bo.
Nenas e nenos de 2º divertíronse  e aprenderon na biblioteca o pasado venres.
Na primeira sesión da tarde iniciaron un obradoiro de creación artística.Na segunda sesión maxia.




PREMIOS NA BIBLIOTECA PÚBLICA MUNICIPAL

A concelleira de Cultura fixo entrega de agasallos e diplomas ás gañadoras do Certame de poesía de Nadal  na  Biblioteca Pública

Aquí están as nosas tres gañadoras

Experimentando co Kamishibai: O SOLDADIÑO DE CHUMBO

Na nosa biblioteca este curso dispoñemos dun teatriño de orixe xaponés chamado kamishibai grazas á asesoría de Bibliotecas Escolares de Galicia que nos fixo este agasallo . Dispoñemos de varios contos en galego, castelán e inglés para representar e comprometémonos a preparar outro texto coa participación do alumnado do colexio.Xa empezaron a contar e con éxito algunhas nenas de 4º como se pode apreciar nas imaxes.







Na biblioteca do Ceip de Xuvencos  prepararon estes dous kamishibais para as festas do pasado Nadal. Noraboa dende este blogue e saquemos algunha idea para a nosa creación. 


     

sábado, 19 de enero de 2013

RECOMENDACIÓNS LECTORAS E PREMIOS POEMAS E POSTAIS

PREPARANDO OS DIPLOMAS 
PREMIADOS DO 1º CICLO
Merce lembra que a  lectura é un bo agasallo de Nadal.

Os "Quinquilláns" na biblioteca






A compañía Os Quinquilláns  percorreu os colexios de primaria de Monforte entre eles o noso realizando sesións de contacontos relacionadas coa temática da obra“Merlín”. Na nosa biblioteca estivo o 20 de decembro.



martes, 15 de enero de 2013

CLUB DE LECTURA GANDULÉS: XOELIKI


Para este segundo trimestre o libro seleccionado é "Xoeliki: As aventuras  dun ciberpirata" de Abraham Carreiro.
PRÓXIMA REUNIÓN DO CLUB DE LECTURA



VENRES DÍA 22 DE MARZO


HORARIO

 

5º de 11:50h- 12:15

6º de 12:15h- 12:40