viernes, 20 de diciembre de 2013

A CASIÑA, CONTO POPULAR RUSO

As  mestras que estiveron asistindo durante este mes ao CURSO DE ANIMACIÓN Á LECTURA que Teresa Grau impartiu no noso colexio, demostraron ante o público de Infantil e 1º o moito que aprenderon . A actuación sorpresa que tivo lugar o venres xenerou moito interés tamén entre o público adulto. Gustou moito e foron moi aplaudidas.




RECOMENDACIÓNS LECTORAS PARA O INVERNO 2013

Hoxe coincidindo co inicio das vacacións de Nadal  todas as familias do noso colexio recibirán xunto cos boletíns de notas  as recomendacións das bibliotecas e librerías do colectivo LEMOS.  Felices lecturas.




PREMIOS DOS CERTAMES DE TARXETAS E POEMAS DE NADAL

Este ano houbo moita participación e calidade no certame de tarxetas e poesías do Nadal pero só se podía elexir unha por cada categoría.


 De entre todos os traballos gañadores sairá elexida unha soa tarxeta e poesía  que compoñerá a felicitación oficial do colexio o próximo curso. 

GAÑADORAS E GAÑADORES DE TARXETAS 






GAÑADORAS E GAÑADORES DE POESÍA



A FELICITACIÓN DESTE ANO


jueves, 19 de diciembre de 2013

TERESA GRAU E OS SEUS CONTOS DE NADAL


O escenario tiña moito encanto.
Os contos da tradición oral europea. 
Instrumentos sonoros, marionetas, participación do público...
Houbo tres sesións adaptadas para todas as idades.

martes, 17 de diciembre de 2013

ANIMACIÓN LECTORA POLAS AULAS. VARIAS REVISTAS

Foi  de moito interés a  presentación que Menchu realizou das revistas de Caracola,  Leo Leo  e Reportero Doc  por todas as aulas de primaria e 3º de educación infantil. As titoras  e o alumnado de todos os cursos sentíronse moi satisfeitos. Na biblioteca  notamos un maior número de visitas na zona de Literatura Informal.




Se che gusta o Nadal...

Pincha en  recursos e materiais para o nadal  e verás oa cantidade  e variedade de actividades que  os equipos de dinamización da lingua galega nos ofrecen.

FESTIVAL DE NADAL NO MULTIUSOS


















domingo, 15 de diciembre de 2013

GAÑADORES DO CONCURSO CANTAREIROS/AS 2013

Este ano celebramos o mes da Tradición Oral cun concurso de cantareiros/as. Posto que este curso temos un proxecto relacionado coa alimentación e a gastronomía, tódalas cancións tiñan esta temática.

jueves, 12 de diciembre de 2013

Susa Herrera visita a nosa biblioteca . OBRADOIRO MUSICAL

SUSA HERRERA PRESENTA O SEU DISCO EN "CABARCENO  SE OYE CANTAR"

Hoxe recibimos na nosa biblioteca a visita de Susa Herrera, profesora titular de Expresión Musical da Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte do campus de Pontevedra, pertencente á Universidade de Vigo Autora de máis de 9 contos para nenos, ten demostrado que os contos tamén se cantan e se poden bailar. Nos seus libros, cada personaxe leva consigo un estribillo pegadizo e varias propostas de baile convenientemente estructuradas.
Aquí podedes ver unhas cantas fotos da actividade que tanto gustou. Se che apetece vela cantando unha das canción do disco  PULSA AQUÍ









Podedes ver máis vídeos na nosa conta de Youtube

miércoles, 11 de diciembre de 2013

LECTURAS COMPARTIDAS E DEBATES POLAS AULAS NO DÍA DOS DEREITOS HUMANOS. REPARTO DO LIBRIÑO DE DEREITOS E DEBERES DO COLEXIO

NA BIBLIOTECA FÍXOSE LECTURA COMPARTIDA ENTRE PARELLAS DE DISTINTOS CURSOS, CON LIBROS VARIADOS DE DEREITOS HUMANOS: NARRATIVA,BIOGRAFÍA ENCICLOPEDIAS...

ISTO FOI O DÍA 9  DE DECEMBRO E POLA BIBLIOTECA PASOU O ALUMNADO DE TODOS OS CURSOS DE PRIMARIA XUNTO Á SÚA TITORA. EN CADA SESIÓN ESTIVERON DOUS CURSOS. 


NA HORA DE LER DO DÍA 10 FOI CANDO O PROFESORADO DO EQUIPO DE BIBLIOTECA ESTIVO POLAS AULAS PRESENTANDO ALGÚNS DOS RECURSOS QUE SERVIRÍAN PARA O POSTERIOR DEBATE.






domingo, 8 de diciembre de 2013

ADEUS A NELSON MANDELA


Grazas ós compañeiros da Biblioteca Escolar Salgado Torres  e a Rosana Rodiles, da Biblioteca Escolar Xoan Farias (C.E.I.P. de Pazos) por compartir xenerosamente estas imaxes e á
Biblioteca do  CEIP Frian de Teis por facilitarnos esta entrada tan oportuna.  http://olardefriancinho.blogspot.com.es/2013/12/madiba-que-estas-no-ceo.html

O DEREITO HUMANO Á ALIMENTACIÓN Alimentos Con Poder



Todo ser humano ten dereito a unha alimentación adecuada e ten o dereito fundamental a non padecer fame, según as normas internacionais de dereitos humanos. 

Adiquemos un pouco do noso tempo a reflexionar sobre un dos dereitos fundamentais.
Servirémonos da campaña  da ONG INTERMÓN OXFAM




Máis alimentos con poder aquí

DEREITOS HUMANOS. RECURSOS






Lembremos as actividades e recursos do curso pasado.Clic nas etiquetas