miércoles, 28 de noviembre de 2012

EN CONTRA DA VIOLENCIA DE XÉNERO

 

Exposición guiada no patio



Documento facilitado ao profesorado



Selección de recursos para unha pedagoxía da igualdade e en contra da violencia de xénero. 25 de novembro  é a que podes ver no enlace facilitado pola asesoria de bibliotecas escolares e que recolle os de distintos centros de infantil, primaria e secundaria de Galicia.   

AS PROFES APRENDEN XORNADAS DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES


Tres mestras da comisión da biblioteca do noso colexio estivemos xunto a máis de mil profes aprendendo e compartindo experiencias sobre o tema LER PARA VER. Abordouse o referido á competencia en información dende a biblioteca escolar . No seguinte enlace pódese ter acceso aos  MATERIAIS IV XORNADAS DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES DE GALICIA que esperemos axuden a todos os que considen interesante   Educar para unha lectura comprensiva e crítica dos medios de comunicación social na actualidade

lunes, 26 de noviembre de 2012

CLUBS DE LECTURA: GANDULÉS E OUTROS

Xa está constituido o club de lectura de alumnado do 3ª ciclo . Chámase GANDULÉS. O libro que se está a ler é Xela volveuse vampira 




    
Fina Casalderrey: Xela volveuse vampira
Ilustracións de Noemí López

Col. Contos da igualdade, 2. Baía Edicións. 




O fragmento que seleccionaron os alumnos como o seu preferido foi o seguinte:

Non lle grites,

non lle pegues;
se fas iso
non a queres.

A miña avoa,
una aperta.
A miña nai,
bicos de festa.

Á miña amiga,
se vén,
un cantar
que saiba a mel.

Cocho feo!
Berra a lúa dende o ceo.

                                      Fina Casalderrey








OS CLUBS DE LECTURA DE PROFES E FAMILIAS TAMÉN SE FORMALIZARON ESTE CURSO E OS LIBROS COS QUE ANDAMOS SON:

LAS HIJAS DE HANNA 

MARIANNE FREDRIKSSONSALAMANDRa

LA EXTRAÑA DESAPARICIÓN DE ESME LENNOX

MAGGIE O'FARRELL   Salamandra

















jueves, 22 de noviembre de 2012

SEMANA DA CIENCIA.Proposta de actividades



TRADICIÓN ORAL . ADIVIÑANCEIRO. MAGOSTO

É o mes de novembro tempo da Literatura de  Tradición Oral: contos,adiviñas ditos,refráns... Exercitamos a memoria e transmitimos o que aprendemos pola fala,recitando, cantando... Estes cursos viñamos facendo por estas datas  o concurso  de trabalingüeteiros e este ano decidómonos polo de adiviñanceiras e adiviñanceiros.
De cada clase sae un ou dous adiviñanceiros ( descubre a adiviña e  memorízaa). Farase un vídeo cos resultados.




jueves, 15 de noviembre de 2012

Anuncia conta un conto de medo: A CASA DA MIÑA AVOA

 O pasado día 5  Anuncia  contou un conto de medo a todo o alumnado de 1º ciclo. O conto é A casa da miña avoa e dende que ela o narrou caracterizada de bruxa e con moitos bonecos  por ela fabricados este libro está tendo moito éxito.

Portada de A casa da miña avoa

 A profe Anuncia que o pasado curso se xubilou, segue vindo ao cole este curso. Ela  axuda a ler a nenas e nenos en pequenos grupos todos os luns e  xoves na biblioteca. 





jueves, 8 de noviembre de 2012

SAMAÍN



Moitas, variadas, divertidas e interesantes actividades no día do Samaín. Houbo un traballo nas distintas aulas durante os días previos que deu como resultado un lucido expectáculo do que todos puidemos disfrutar.





Exposición de cabazas decoradas



Teatro 2º  BAILE NO CASTELO
Estes foron os protagonistas

Alumnado de 2ºA
e  2º B 
Bruxas e bibliotecarias

Vampiros

Monstros

Fantasmas

Vídeo coa representación


CANCIÓN DOS ESQUELETES
Vídeo coa versión galega da Canción dos Esqueletes interpretada  pola totalidade do alumnado de Infantil.


EXPOSICIÓNS MULTIMEDIA 

Lugares para pasar medo

CESTOS DE LIBROS DE MEDO DURANTE TODO O MES







lunes, 5 de noviembre de 2012

Día da biblioteca na prensa





http://www.lavozdegalicia.es/noticia/lemos/2012/10/25/dia-libros-alquiler/0003_201210M25C2991.htm

domingo, 4 de noviembre de 2012

DÍA DA BIBLIOTECA




BIBLIOAXUDANTES POLAS AULAS
Contaron contos, presentaron novidades e entregaron agasallos





O equipo de biblioaxudantes quedou moi satisfeito desta actividade na que tiveron que demostrar  as súas cualidades como comunicadores. Sorprendeu   o gran silencio e atención que prestaron as nenas e nenos  de todas as idades. Grazas tamén ao profesorado pola colaboración. Pódense ver máis imaxes no vídeo.

video






FORMACIÓN DE USUARIOS




foi rodado en centros do Plan de mellora de bibliotecas escolares de diferentes recunchos de Galicia, co gallo do Congreso Bibliotecas Escolares en Tránsito, celebrado en Compostela os días 10, 11 e 12 de novembro, organizado pola Consellería de Educación en colaboración co Ministerio de Educación.
As imaxes exemplifican a distribución de espazos nas novas bibliotecas, e algunhas das actividades que o alumnado realiza nelas día tras día.

Coa proxección do vídeo puidemos comprobar a calidade do novo equipo de son que acabamos de mercar 








Exposición no patio, encontros das familias e encontros das bibliotecarias da comarca foron outras das actividades do 24 de outubro   día da biblioteca.



O AGASALLO
Estas son as tres portadas do libriño co que se obsequiou a todas as familias para que así conserven para sempre o texto que Olga Novo adicou á nosa biblioteca. Foron feitas por Felipe, Antía e Aurora de 6º.