domingo, 28 de octubre de 2012

2012 ANO DO ESCRITOR GALEGO CELSO EMILIO FERREIRO


Celebramos: 

  •      Centenario do seu nacemento
  •      50 anos da publicación de Longa noite de pedra





  • Utilizamos o libro: «O meu primeiro Celso Emilio»: un fermoso libro para poñer un clásico ao alcance dos máis pequenos. 
  •  






sábado, 27 de octubre de 2012

O CADRO DA SEMANA


Xa dende principios de curso estamos levando a cabo a actividade de O CADRO DA SEMANA. Consiste en averiguar datos sobre o cadro que cada martes aparece no taboleiro do patio interior. A temática do cadro ten que ver coas datas nas que estamos vendimas, outono..O cadro pode ser identificado por calquera alumna ou alumno do colexio. Hai un rexistro de adiviñadores e de clases con máis acertos.Facilítase unha ficha que ten que ser entregada á profe Sara na biblioteca. Esta actividade forma parte do proxecto interdisciplinar que este curso pretendemos desenvolver e que chamamos "Érase unha vez un cadro"

PRÉSTAMO EN INFANTIL:LIBROS QUE VAN E VEÑEN E BIBLIOFICHAS

As nenas e nenos de Educación infantil fixeron a súa biblioficha laranxa 

Agora  levan semanalmente os seus libros na bolsa azul.




HORA DE LER CHEGAN AS MALETAS



O día 1 de outubro chegaron ao cole as maletas viaxeiras da Fundación Germán Sánchez Ruipérez de Salamanca. Trátase do programa" Lecturas de ida y vuelta"

Neste curso temos as seguintes coleccións ata o 16 de novembro

Con ton y son  (2º ciclo)
De aquí y de allí ( 3º ciclo)
Qué te cuentas  ( Infantil e 1º ciclo)


De cada maleta facemos 3
As maletas chegan á biblioteca

                                               
Nas aulas lemos e intercambiamos as maletas.

martes, 23 de octubre de 2012

EMPEZAMOS ESTE CURSO LEMBRANDO O FINAL DO PASADO

Andamos estes primeiros días do curso 2012-2013 ocupados en distintas tarefas que nos impediron actualizar este blog. Para empezar lembremos con imaxes  o acto  final  das actividades da biblioteca no mes de xuño



.