sábado, 2 de xuño de 2012

UN DÍA INESQUECIBLE DE 

 MOITA EMOCIÓN,

MOITA SATISFACCIÓN 

E MOITOS AGRADECEMENTOS


 INAUGURAMOS A NOSA  NOVA BIBLIOTECA “GÁNDARA LEMOS" con grande exito. Tivemos moitas invitadas e invitados que nos alegraron o día con noraboas e felicitacións. A destacar as palabras de Pilar Sampedro (asesora de Bibliotecas Escolares),  inspector , concellala de cultura, delegada territorial e a escritora Olga Novo.
O máis gratificante conseguir xuntar representación de todos os centros públicos e concertados, asociacións culturais, musicais, de libreiros , bibliotecarias ... recoñecendo a implicación que o noso colexio (  persoal non docente , docente, anpa, clubs de lectura alumnado "biblioaxudante"... ) ten coa biblioteca.

        Tratábase de


1.  Agradecer a quen fixo posible este novo espazo : Asesoría de bibliotecas escolares, autoridades e comunidade educativa.


2.   Dar a coñecer a biblioteca e  afianzar a colaboración  con outros axentes socioculturais da comarca especialmente coas bibliotecas escolares e municipais  de Monforte e concellos limítrofes.

E conseguiuse.

MOITAS GRAZAS ÁS PERSOAS ASISTENTES


Estas son algunhas das fotos e informacións que apareceron na prensa.  
En próximos días publicaremos máis información desta data tan sinalada

Foto de Alberto López "La voz de Galicia"


Foto de Alberto López "La voz de Galicia"

Foto de T. Parga " El progreso"

Así saímos na prensa









Ningún comentario:

Publicar un comentario